Saltar ao contido principal

Cabo Estai



​​"Mirando na rede, descubrín que - en Cabo Estai - hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor"

puesta de sol desde cabo estai con las islas cíes al fondo solpor cabo estai illas cíes
Cabo Estai


muros de la playa de xunqueiro muros da praia de xunqueiro. Cabo estai Vigo
Os muros de Xunqueiro
Pedras verdes

varandilla de la playa de xunqueiro con la puesta de sol de las cíes
O palco das Cíes
O faro escondido


Derradeiras luces da furna

Cíes
faro de cabo estai, vigo canido. Cies

As escaleiras do faro de Cabo Estai





Cabo Estai é un deses sitios que sabes que está ahí pero que nunca lle da a un por visitar. Lembro que pasei por alí unha ou dúas veces, xa hai anos. A imaxe difusa que tiña na mente era de unha grande extensión sen un punto característico ou concreto onde poder ver o mar.

Mirando na rede, descubrín que hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor.

Para ir dando pedáis está un pouco lonxe, así que fun parando nas calas con rochas e algas, que van aparecendo cando se deixa atrás o rebumbio de Canido e vaise entrando na afastada zona residencial de chalés.

Pasado o restaurante, non tiña moi claro como chegar ao meu obxectivo. Primeiro tentei bordear o Instituto Oceanográfico. Por este camiño pódese ollar unha zona de mar e rochas, unha boa perspectiva das Cies, e remátase vendo o faro, tras unha pequena furna. Pero non puiden acercarme ao seu carón pola vexetación e silveiras.

Voltei a estrada. Atopei uns sendeiros que parecía que podían levarme onde eu quería. Atravesei un frondoso xuncal e un pequeno bosque. Porén, estes camiños só me serviron para rascar as pernas coas silvas; para comprobar que hai unha valla que delimita o terreo onde está o faro; e para ter algún incómodo malentendido con outros visitantes da zona: Descubrin que Cabo Estai ten máis oferta que a de gozar dun fermoso solpor.

Outra vez à estrada. Estaba canso e un pouco desasosegado polo confuso encontro que acababa de ter. Pensei marchar. O único acceso que me quedaba era pola estación de control do Faro, que semellaba unha finca privada, pero tiña un cartel do Porto de Vigo. O portalón de entrada estaba aberto. Dende fora víase dúas edificacións con algunha fiestra aberta, un par de galpóns e varios coches aparcados. Un campo con porterías pequenas e con herba de máis. Pensei en entrar e pedir permiso para ir facer fotos. Avancei  berrando “ola, ola”, pero só me contestou o silbido do vento e a porta dun galpón batendo por un refacho de vento. Parecía que non había ninguén, agás un gato que me miraba fixamente. A situación resultoume algo inquietante. 

Dubidei. Din volta e dirixinme a porta para sair. "Esto ten que ser unha propiedade privada" Pero no portalón, vin outra vez o cartel do porto de Vigo. "que carallo, esto ten que ser de todos". Así que, finalmente, decidín ir  ata o faro sen atopar a ninguén a quen pedir permiso e, se iso, pedir logo perdón.

Non sei se foi polo que me custou chegar ou polo mal corpo da desasosegante situación, pero a estampa pareceume impresionante: Sobre un céspede iluminado coas derradeiras luces do día, unhas escadas de pedra conducían ao faro, vermello e branco, exposto ao vento do mar. Ao fondo, o mar, as ondas, o solpor, as nubes e as Cíes.


Outra máis desas cousas de Vigo: Fermosas, pero escondidas e descoñecidas incluso para os seus propios veciños.

Publicacións populares deste blog

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo ser

Irlanda - Munster

En Munster coinciden os maiores reclamos que ten Irlanda. Limerick, Cork, Cashel, Parque Nacional de Burren, Kerry, Adare... e sobre todo os merecidamente famosos cantís de Moher. -x- En Munster coinciden los mayores reclamos que tiene Irlanda: Limerik, Cork, Cashel, Parque de Burren, Kery, Adare... y sobre todo los merecidamente famosos acantilados de Moher. Cliffs of Moher. Paredes do Oeste Solpor en Moher. Cantís dourados Cashel As ruinas Burren Nin Auga, nin árbores, nin terra As fiestras de Cork University of Cork As canles do Lee A dinámica Cork é a capital de Munster, ou "terra de Mum". A chegada de empresas estadounidenses animadas pola fiscalidade irlandesa está facendo crecer en importancia esta vila. Surcada polos canales do rio Lee, os seus coloridos edificios de tres ou catro alturas son moi caracteristicos. Actualmente é a terceira poboación de Irlanda, despois de Dubl

O Grove

O Grove non é o mellor sitio para darlle a volta en bici. Pero si que ten moreas de sitios que valen  a pena visitar...  e facerlles fotos, que diso vai a entrada.  Pensamos en repetir a idea de fin de semana de volta en bicicleta pola peninsula. Pero a realidade foi que non se deixou moito. Ten vías moi tranquilas e ciclables. tamén carreiros que bordean o litoral. Pero tamén ten moito areal sen posibiliade de rodear. E tamén pequenos cantís nos que hai que levar a bici ao lombo. Agora ben, fermoso é dabondo. Tanto praias como paseos e portos. Tampouco acompañou moito o tempo. Pero eso ten as súas vantaxes: menos xente e mellores luces e estampas para esto das fotos. Ten moita extensión. Realmente só fixemos unha pequena parte, a da costa norte. Así que non me importaría para nada repetir.

Jerash

Normalmente as ruinas non prosperan porque as cidades ou asentamentos necesitan progresar e crecer.  E moitas veces fano sen valorar o pasado e o destruen ou expolian. Pasou con murallas medievais, igrexas, barrios enteiros en todo o mundo. Non foi o caso de Jerash. Aquí a cidade foi asolada por un terremoto que rematou con ela. E no canto de reconstruirla os seus habitantes decidiron abandonala. Por esta vila pasaron mesopotamos, mamelucos, gregos, persas, pero os que deixaron maior impronta foron os romanos. Séculos despois, tralas guerras, volveuse habitar este asentemento, pero na colina do lado, polo que os restos se respectaron (máis ou menos) e hoxe en día é unha das vilas romanas mellor conservadas do mundo. Centos e centos de columnas, pórticos, igrexas, anfiteatros, circos, rúas romanas, beirarúas... Jerash ten de todo. Cando se puxo en valor o asentamento, se reconstrui o que se puido. Pero hai moitos restos que seguen baixo a terra, descubertos a miudo. Unha moi grata sorpr

A Fada e o Dragón

Se hai algo do que podemos presumir en Vigo é dos nosos atlánticos Solpores. A orientación da cidade e as nubes que adoitan acompañarnos fai que moitas tardes pague a pena pararse a mirar o ceo. Un bo sitio para observalos é o Paseo de Alfonso XII. A primeira espectadora é esa fada ao lombo do dragón, que seica pretende sobrevoar as ondas do mar da ría pero que nunca chega a facelo. Hacia o Solpor A fada e o Dragón Ceo Ocaso Baixo as nubes Viaxe eterna cara o Solpor. Solpor (2) Treboada