Saltar ao contido principal

Dous Outonos

Outono no Forillon, outono no Courel.


Arces, bidueiros "de papel", abetos, carballos boreais, etc... por un lado; castiñeiros, carballos bravos, bidueiros "pubescentes",  faias, etc... polo outro.


Bosque costeiro canadiense, bosque autóctono galego.


A pesar das diferencias, o outono nos dous bosques é moi parecido: explosión de cores, luz entre as polas, auga, alfombras de follas…

Iso sí; Un é Parque Nacional, o outro nin parque natural... 
Por eiquí somosche así.

As copas do bosque do Courel
- Devesa de Rogueira -


As copas do bosque do Forillon
- Cap Bon Ami -  
Fervenza escondida no Forillon
Néboa escondida do Rio Lor


Mirar arriba no Forillon

Mirar arriba no Courel

Simbolo de Canadá

Simbolo de Folgoso

Parc National Forillon, Gaspésie, Québec
Folgoso do Courel/Quiroga. Reserva da Rede Natura 2000

Publicacións populares deste blog

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo ser

Illa de Arousa

En Galicia temos moitos paraisos. Un deles é a illa de Arousa. Realmente ten de todo: areais virxes  de augas transparentes como o de Areoso (bueno, non é exactamente a illa, pero está ao lado) Chiringuitos super acolledores Pero o que máis me gusta da illa é que a atopo moi "Bici friendly", é posible ir a calqueira punto en dúas rodas. Os seus solpores. Sucesión de dunas e praias. E Areoso, claro

Voltar ao monte

  Estas fotos non son as máis maravillosas que fixen.  Pero teñolle especial cariño porque son de cando voltei a dar unha volta polos montes de Coruxo / Saiáns moitos meses despóis. Dende o vran ata ben entrado o outono non puidera sair de paseo por mor de unha lesión. E coincidiume un día de outono ben chulo, destes de moita folla no chan ainda colorida, setas e un solpor de nubes. É unha sorte poder ir dar "unha cheda" despois de traballar, tanto para quen lle gusta a bici, como a fotografía.

Jerash

Normalmente as ruinas non prosperan porque as cidades ou asentamentos necesitan progresar e crecer.  E moitas veces fano sen valorar o pasado e o destruen ou expolian. Pasou con murallas medievais, igrexas, barrios enteiros en todo o mundo. Non foi o caso de Jerash. Aquí a cidade foi asolada por un terremoto que rematou con ela. E no canto de reconstruirla os seus habitantes decidiron abandonala. Por esta vila pasaron mesopotamos, mamelucos, gregos, persas, pero os que deixaron maior impronta foron os romanos. Séculos despois, tralas guerras, volveuse habitar este asentemento, pero na colina do lado, polo que os restos se respectaron (máis ou menos) e hoxe en día é unha das vilas romanas mellor conservadas do mundo. Centos e centos de columnas, pórticos, igrexas, anfiteatros, circos, rúas romanas, beirarúas... Jerash ten de todo. Cando se puxo en valor o asentamento, se reconstrui o que se puido. Pero hai moitos restos que seguen baixo a terra, descubertos a miudo. Unha moi grata sorpr

A Fada e o Dragón

Se hai algo do que podemos presumir en Vigo é dos nosos atlánticos Solpores. A orientación da cidade e as nubes que adoitan acompañarnos fai que moitas tardes pague a pena pararse a mirar o ceo. Un bo sitio para observalos é o Paseo de Alfonso XII. A primeira espectadora é esa fada ao lombo do dragón, que seica pretende sobrevoar as ondas do mar da ría pero que nunca chega a facelo. Hacia o Solpor A fada e o Dragón Ceo Ocaso Baixo as nubes Viaxe eterna cara o Solpor. Solpor (2) Treboada