Saltar ao contido principal

A Fraga de Coiro



Esta pequena xoia do Morrazo une a parroquia de Coiro co alto de Ermelo.

Para adentrarse nela dende o sur, hai que comezar subindo polos camiños que aparecen despois da igrexa. Pouco a pouco, os ruidos do esperpéntico vial van deixando paso aos murmullos do Rego Bouzós.


Fraga coiro morrazo cangas ermelo Bouzós
Entrada da Fraga

Fraga coiro morrazo cangas ermelo Bouzós
O traxe verde do Carballo


Fraga coiro morrazo cangas ermelo Bouzós
Outros habitantes da fraga


Fraga coiro morrazo cangas ermelo Bouzós
Fontes de Luz

Fraga coiro morrazo cangas ermelo Bouzós
Azafranes entre a sombra



Fraga coiro morrazo cangas ermelo Bouzós
A fervenciña do Bouzós

Fraga coiro morrazo cangas ermelo Bouzós
Ermelo

Fraga coiro morrazo cangas ermelo Bouzós
Bouzós en outono

Fraga coiro morrazo cangas ermelo Bouzós
Profundidades da Fraga

Fraga coiro morrazo cangas ermelo Bouzós
A igrexa de Coiro


300 metros de desnivel. Carreiros auténticos, sen adecuar, un pouco laberinticos as veces. Raios de sol, que tentan abrirse paso entre as polas, sen moito éxito. Auga, carballos, follas, troncos novos, troncos vellos, sombras...

Un verdadeiro oasis no deserto do monte invadido. Ogallá resista. Xa o dicían eses artistas de SOAK: Polo monopolio do eucalipto… viva san carballiño!

Publicacións populares deste blog

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo ser

Voltar ao monte

  Estas fotos non son as máis maravillosas que fixen.  Pero teñolle especial cariño porque son de cando voltei a dar unha volta polos montes de Coruxo / Saiáns moitos meses despóis. Dende o vran ata ben entrado o outono non puidera sair de paseo por mor de unha lesión. E coincidiume un día de outono ben chulo, destes de moita folla no chan ainda colorida, setas e un solpor de nubes. É unha sorte poder ir dar "unha cheda" despois de traballar, tanto para quen lle gusta a bici, como a fotografía.

Illa de Arousa

En Galicia temos moitos paraisos. Un deles é a illa de Arousa. Realmente ten de todo: areais virxes  de augas transparentes como o de Areoso (bueno, non é exactamente a illa, pero está ao lado) Chiringuitos super acolledores Pero o que máis me gusta da illa é que a atopo moi "Bici friendly", é posible ir a calqueira punto en dúas rodas. Os seus solpores. Sucesión de dunas e praias. E Areoso, claro

Jerash

Normalmente as ruinas non prosperan porque as cidades ou asentamentos necesitan progresar e crecer.  E moitas veces fano sen valorar o pasado e o destruen ou expolian. Pasou con murallas medievais, igrexas, barrios enteiros en todo o mundo. Non foi o caso de Jerash. Aquí a cidade foi asolada por un terremoto que rematou con ela. E no canto de reconstruirla os seus habitantes decidiron abandonala. Por esta vila pasaron mesopotamos, mamelucos, gregos, persas, pero os que deixaron maior impronta foron os romanos. Séculos despois, tralas guerras, volveuse habitar este asentemento, pero na colina do lado, polo que os restos se respectaron (máis ou menos) e hoxe en día é unha das vilas romanas mellor conservadas do mundo. Centos e centos de columnas, pórticos, igrexas, anfiteatros, circos, rúas romanas, beirarúas... Jerash ten de todo. Cando se puxo en valor o asentamento, se reconstrui o que se puido. Pero hai moitos restos que seguen baixo a terra, descubertos a miudo. Unha moi grata sorpr

Cabo Estai

​​ "Mirando na rede, descubrín que - en Cabo Estai - hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor" Cabo Estai Os muros de Xunqueiro Pedras verdes O palco das Cíes O faro escondido Derradeiras luces da furna Cíes As escaleiras do faro de Cabo Estai ​ Cabo Estai é un deses sitios que sabes que está ahí pero que nunca lle da a un por visitar. Lembro que pasei por alí unha ou dúas veces, xa hai anos. A imaxe difusa que tiña na mente era de unha grande extensión sen un punto característico ou concreto onde poder ver o mar. Mirando na rede, descubrín que hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor. Para ir dando pedáis está un pouco lonxe, así que fun parando nas calas con rochas e algas, que van aparecendo cando se deixa atrás o rebumbio de Canido e vaise entrando na afastada zona resid