Saltar ao contido principal

Porqué?




Incendios forestales en Galicia. reflexiones y conclusiones.
Porqué?


A resposta práctica a esta pregunta é de sobra coñecida.

En realidade hai moitas respostas. Cada unha máis indignante que a anterior.

O que non son capaz de entender é o porqué máis profundo… o que fai que a condición humana sexa capaz de destruir deste xeito o que lle rodea e alimenta

Hoxe, Setembro 2016, o P.N. do Xurés, pero tamén a Curota en Agosto. Outrora, as Fragas do Eume, Monte Pindo, o ano 2006…

Cada vran somos un pouco máis pobres.





Nota: A imaxe do incendio utilizada para o reflexo é de EFE, dunha nova de 20minutos sobre o incendio en Yosemite Park do 2013

Publicacións populares deste blog

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo ser

Voltar ao monte

  Estas fotos non son as máis maravillosas que fixen.  Pero teñolle especial cariño porque son de cando voltei a dar unha volta polos montes de Coruxo / Saiáns moitos meses despóis. Dende o vran ata ben entrado o outono non puidera sair de paseo por mor de unha lesión. E coincidiume un día de outono ben chulo, destes de moita folla no chan ainda colorida, setas e un solpor de nubes. É unha sorte poder ir dar "unha cheda" despois de traballar, tanto para quen lle gusta a bici, como a fotografía.

Illa de Arousa

En Galicia temos moitos paraisos. Un deles é a illa de Arousa. Realmente ten de todo: areais virxes  de augas transparentes como o de Areoso (bueno, non é exactamente a illa, pero está ao lado) Chiringuitos super acolledores Pero o que máis me gusta da illa é que a atopo moi "Bici friendly", é posible ir a calqueira punto en dúas rodas. Os seus solpores. Sucesión de dunas e praias. E Areoso, claro

Jerash

Normalmente as ruinas non prosperan porque as cidades ou asentamentos necesitan progresar e crecer.  E moitas veces fano sen valorar o pasado e o destruen ou expolian. Pasou con murallas medievais, igrexas, barrios enteiros en todo o mundo. Non foi o caso de Jerash. Aquí a cidade foi asolada por un terremoto que rematou con ela. E no canto de reconstruirla os seus habitantes decidiron abandonala. Por esta vila pasaron mesopotamos, mamelucos, gregos, persas, pero os que deixaron maior impronta foron os romanos. Séculos despois, tralas guerras, volveuse habitar este asentemento, pero na colina do lado, polo que os restos se respectaron (máis ou menos) e hoxe en día é unha das vilas romanas mellor conservadas do mundo. Centos e centos de columnas, pórticos, igrexas, anfiteatros, circos, rúas romanas, beirarúas... Jerash ten de todo. Cando se puxo en valor o asentamento, se reconstrui o que se puido. Pero hai moitos restos que seguen baixo a terra, descubertos a miudo. Unha moi grata sorpr

Saiáns

A derradeira praia de Vigo. Muiños de Fortiñón. Famosa pola forza das súas ondas. Colonizada polo feismo. Inda así, dándolle as costas as casas, a paisaxe é espectacular. As súas rochas esconden moreas de postáis grazas a cantidade de pedras, algas, charquiños, a insistencia do mar e As Cíes presidindo o fondo. As fotos están feitas en Decembro. Neste mes o solpor visto en Saiáns escápase por Monteferro. Haberá que voltar no vran, cando o Sol despidese no medio e medio das illas Cíes O abrazo das ondas Lagoas agochadas de Saiáns Horizonte Dous por dous catro A saida Tres do solpor Cíes   PS: Grazas a dous (2 polo momento) bos colegas, que prestáronse a facerme de figurantes :-)