Saltar ao contido principal

A Bahia de Ha Long


O monumento natural máis coñecido do Vietnam: A Bahia de Ha Long



As duas mil illas

Primeiras luces na bahia

Ha Long Workers 1

Monkey Island

Percebe xigante

Ha Long Workers 2

Templo virxe

O mar e o ceo de Ha-Long

Good Morning Vietnam

A explotación turistica da bahia
Covas*
Este é un dos lugares máis curiosos nos que estiven. Infinitas illas (máis de 2000) que fan un laberinto de auga calma. todas semellan virxes e escarpadas. De feito, as poucas poboacións que están asentadas na zona son flotantes. Ata onde abarca a vista so aparecen formas verdes e brancas calizas. É realmente diferente.

A Bahia de Ha-Long é o lugar máis famoso do Vietnam, e probablemente o máis visitado. Inda así, hai costa para todos os cruceiros de turistas. Pero si que haz zonas nas que chega a masificación. A nós recomentaronnos un patrón de barco que levaba por zonas nas que non había ninguén. Como moito pescadores que faenan neses mares. A única pega foi que o patrón, despois de presentarnos a tripulación cun inglés moi entendible, abandonou o barco no mesmo porto de Cat Ba. Quedamos con cara de parv@s mirando ao timonel e o cociñeiro, cos que so podíamos comunicarnos por xestos e palabras soltas. 

Así que non quedou outra que pasar tres días deixandose levar de unha punta a outra da Bahia.

(*)foto de movil.

Publicacións populares deste blog

Alentejo. Porto Covo

  Fotos feitas en Porto Covo, nas praias de Samoqueira, Figueiros, e Porto Covo. Alentejo. Portugal. Máis fotos do Alentejo aquí

Alentejo. Praias sen final

Praias entre Troia e Sines. Realmente semella un único areal que non remata nunca. Exposto ao atlántico. Máis fotos do Alentejo aquí

Sanxenxo

Sempre me botou para atrás ir a Sanxenxo, por motivos completamente subxetivos.  Principalmente que é un lugar moi recurrido onde o Rei Bribón vai a navegar, e o tipo de turismo que busca un perfil co que eu non comulgo moito. Por iso non fun moito, máis alá que a praia de paxariñas ou ir de festa a portonovo. O derradeiro setembro fun de camping coa idea de percorrelo coas bicis, e descubrín que ata agora fora moi inxusto. Hai moitos recunchos que creo que non se petarán nin no vran, a xente super amable (maila ser setembro e estar a fin de tempada).  Hai moito camping, e non tanta super urbanización turistica como agardaba. Resultoume moi ciclable, agás algún super repecho. E sobre todo moi fotoxénico. Tanto para facer fotos dende a bici coa Nikon AW130 como para pararme coa Leica.

Cabo Estai

​​ "Mirando na rede, descubrín que - en Cabo Estai - hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor" Cabo Estai Os muros de Xunqueiro Pedras verdes O palco das Cíes O faro escondido Derradeiras luces da furna Cíes As escaleiras do faro de Cabo Estai ​ Cabo Estai é un deses sitios que sabes que está ahí pero que nunca lle da a un por visitar. Lembro que pasei por alí unha ou dúas veces, xa hai anos. A imaxe difusa que tiña na mente era de unha grande extensión sen un punto característico ou concreto onde poder ver o mar. Mirando na rede, descubrín que hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor. Para ir dando pedáis está un pouco lonxe, así que fun parando nas calas con rochas e algas, que van aparecendo cando se deixa atrás o rebumbio de Canido e vaise entrando na afastada zona resid

Monte Alba

  Fotos do monte Alba e do Cepudo Subir ata o monte Alba sempre ten premio. Tanto se é pola estrada do Zondal, como polos camiños entre freixo e monte dos pozos. Ou subindo a pé polo GR (as veces que o tentei en bici declareimo misión imposible). Acostumo a subir moitas veces ao ano. sexa ao sair de traballar ou en fin de semana. É unha sorte telo tan preto. E sempre que podo, vou coa cámara. Cando é máis interesante para fotografiar é polas tardes, cando cae o sol.